jueves, 2 de diciembre de 2010
viernes, 26 de noviembre de 2010
25 de Novembro, di NON a violencia de xénero!
Aquí vos deixo o comunicado de Implicadas co gallo do 25 de Novembro, paréceme moi acertado e axeitado, espero que o leades e que con el reflexionedes!
...
Como acontece con outros días dedicados a diferentes causas, serán hoxe moitos os datos que os medios difundirán para nos recordaren a situación xeneralizada de violencia que as mulleres padecemos na nosa sociedade e tamén a nivel mundial. Dende Implicadas no Desenvolvemento queremos sumar a esas datos as 200 nenas de cada 1000 nenos nacidos que son asasinadas no distrito támil de Salem cada ano debido ao infanticidio feminino, un fenómeno de violencia de xénero polo cal o Nobel indio Amartya Sen calculou que faltan uns 37 millóns de mulleres en todo o país. Implicadas e a súa organización compañeira támil PDI levan traballando dende 2007 con alentadores resultados en Salem (www.200implicadas.com), demostrando que o cambio de mentalidades e prácticas é posible en todos os lugares. En Implicadas entendemos que a violencia de xénero, cos seus condicionantes locais, é un fenómeno espallado por todo o mundo e contra o que hai que loitar de forma unida.
Porén, se cadra hoxe os datos escurezan unha realidade forte e afouta da que cómpre máis que nunca falar, a do activismo de millóns de mulleres en todo o mundo, a maioría delas dos países do Sur, que buscan cambiar as estruturas de desigualdade que subxacen á violencia. Foron precisamente as nosas compañeiras latinoamericanas as que traballaron para establecer a nivel internacional o día 25 de novembro como Día internacional de loita contra a violencia de xénero en honor ás irmás Mirabal. En Implicadas celebramos hoxe o traballo de todas as nosas compañeiras feministas e activistas de Támil Nadu que loitan a diferentes niveis contra o infanticidio feminino, dende as mulleres das aldeas que erguen a súa voz, ás traballadoras dos nosos proxectos, ás activistas e teóricas da universidade pasando polas escritoras, xuízas, policías ou sociólogas que participan nas nosas actividades e campañas. Querémoslles amosar o noso respecto e admiración polo seu esforzo e traballo incansable que fai do mundo un lugar mellor, e o noso agradecemento polas leccións que cada día nos ensinan e nos permiten compartir.
Cómpre non esquecer que os fenómenos de violencia de xénero dos países do Sur están moitas veces reforzados por situacións de desigualdade máis global, como a explotación económica, os prexuízos racistas ou a falta de acceso á toma de decisións internacionais ás que os nosos gobernos e empresas someten ás comunidades do Sur. Nós, como cidadás do Norte, temos pois moito que facer para desentrañar esas conexións. Implicadas leva doce anos loitando contra as estruturas de desigualdade de xénero e das relacións Norte-Sur, man a man coas nosas compañeiras támiles. Dende o mes de outubro de 2010 a nosa campaña 1 de 200 busca 200 novas socias que con 12 euros ao mes reforcen o noso traballo e o traballo das nosas compañeiras támiles para erradicar o infanticidio feminino en Salem. Hoxe, 25 de novembro, é máis necesario que nunca que sexas 1 de 200.
martes, 23 de noviembre de 2010
...despegandO!
... non sei moi ben como comezar con esta nova experiencia, ter un bloG de meu! ... de repente teño tantas cousas na cabeza que non sabería por onde empezar, quero contar, quero dicir,...asique pouco a pouco!
Ás veces resulta complicado ler sen imaxinar a persoa que está detrás... detrás deste bloG está unha soñadora de 22 anos que estuda maxisterio, e que soña con facer da cooperación internacional o seu traballo! ...
De momento estou moi contenta formando parte de Implicad@s no desenvolvemento. Unha ONG galega que leva 12 anos traballando no mundo da cooperación internacional en e dende Galiza, Implicadas traballa en Galicia con actividades de sensibilización e na India e Etiopía con proxectos de desenvolvemento. A forza de traballo en Galicia é o voluntariado e, por se algo se caracteriza é polo enfoque de xénero que está integrado en tódalas súas accións.
Precisaba presentarvos a Implicadas, porque precisamente estamos en plena campaña 1 de 200, esta campaña pretende aumentar a base asociativa a 200 persoas para así podermos autoxestionar o proxecto para a ERRADICACIÓN DO INFANTICIDIO FEMININO ( matar ás nenas que acaban de nacer ou ben abortar os fetos femininos debido ó baixo valor que as mulleres teñen nunha sociedade dada ).
Non podía deixar de contarvos isto pois, estamos a víspera do 25 de Novembro (Día mundial contra a violencia de xénero), o día onde se berra máis forte contra a violencia de xénero, pero debemos berrar tódolos días, en tódolos lugares do mundo, por desgraza é un mal estendido en tódalas sociedades!
....dou por rematada as presentacións! Esta son eu, e esta é a ONG na que levo 2 anos de voluntaria!
maña, máis e mellor!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)