martes, 23 de noviembre de 2010

...despegandO!

... non sei moi ben como comezar con esta nova experiencia, ter un bloG de meu! ... de repente teño tantas cousas na cabeza que non sabería por onde empezar, quero contar, quero dicir,...asique pouco a pouco!
Ás veces resulta complicado ler sen imaxinar a persoa que está detrás... detrás deste bloG está unha soñadora de 22 anos que estuda maxisterio, e que soña con facer da cooperación internacional o seu traballo! ...
De momento estou moi contenta formando parte de Implicad@s no desenvolvemento. Unha ONG galega que leva 12 anos traballando no mundo da cooperación internacional en e dende Galiza, Implicadas traballa en Galicia con actividades de sensibilización e na India e Etiopía con proxectos de desenvolvemento. A forza de traballo en Galicia é o voluntariado e, por se algo se caracteriza  é polo enfoque de xénero que está integrado en tódalas súas accións.

Precisaba presentarvos a Implicadas, porque precisamente estamos en plena campaña 1 de 200, esta campaña pretende aumentar a base asociativa a 200 persoas para así podermos autoxestionar o proxecto para  a ERRADICACIÓN DO INFANTICIDIO FEMININO (  matar ás nenas que acaban de nacer ou ben abortar os fetos femininos debido ó baixo valor que as mulleres teñen nunha sociedade dada ).
Non podía deixar de contarvos isto pois, estamos a víspera do 25 de Novembro (Día mundial contra a violencia de xénero), o día onde se berra máis forte contra a violencia de xénero, pero debemos berrar tódolos días,  en tódolos lugares do mundo, por desgraza é un mal estendido en tódalas sociedades!

....dou por rematada as presentacións! Esta son eu, e esta é a ONG na que levo 2 anos de voluntaria!
maña, máis e mellor!

1 comentario:

  1. Ola, Tatu!

    Non son a primeira seguidora, pero polo menos teño a honra de facerche o primeiro comentario :-)

    Parabéns pola primeira entrada no teu blog. ¡Agardo que cheguen moitas máis!

    ResponderEliminar