jueves, 22 de agosto de 2013
Pasaron os meses en "Villa Papagayo"...
E dis ti... como é posible? Dende aquela última entrada dende o outro lado do mundo van xa 8 meses... 6 deles noutra illa... esta máis árida, máis África..., non por iso menos cálida.
Ordenarse ás veces só é cuestión de querer, sobre todo se queres ordenarte a ti misma, de dentro cara fóra. E velaí... queda menos para volver á casa, aínda que o vivido me aprendeu que a casa, ven estando onde ti te sintes na casa. É, ou non é?
... Ai Fuerteventura! Cantas cousiñas me deches...recantos, persoas, conversas...algún majorero díxome " y tú? amenazaste con volver y volviste", a ameaza segue vixente, sobre todo mentres me aten estes fermosos recordos e a miña amiga, a de sempre, a irmá miña.
Nestes meses tiven a sorte de coñecer a illa, moitas das veces con algunha da nosa xentiña que veu pasar uns días a "Villa Papagayo", visitei tamén Tenerife... 8 horas en barco que mereceron a pena. Pese ó mareo que papei... traballei nun super e, sobre todo, compartín. Compartín con persoas que xa estaban na miña vida, e con outras que apareceron...vaia, sempre estiveron pero, non tocara cruzarse.
Escribo con morriña, sí. Xa se sabe, son unha tipa "de saudades" en xeral.
Agora, despois destes meses de reinicio, toca seguir o camiño...hai paradas xustas e necesarias, pero tamén é de lei seguir avanzando cara onde queres ir. Mesmo se a cousa se pon fea...
Imos logo! Eso sí, xa pensando en novas aventuras... tamén se sabe, que son unha tipa de mochila.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario