...vidas que cambian persoas.
Levo demasiado tempo sen escribir, agora complícase contar... para min a dificultade de escribir, de expresarme é directamente proporcional á intensidade das sensacións das emocións.
Estas dúas semanas adícámolas a facer visitas ás diferentes comunidades...pasamos por Cienfuegos, por hato de Yaque, os Guandules... falamos coas crianzas, falamos coas familias e falamos coas mestras... coñecemos a sú realidade, as súas vidas...son tantas cousas para asimilar...e, moitas tamén para canalizar nun proxecto...
Crianzas na comunidade de Cienfuegos, grupo focal. |
Estamos a voltas cun proxecto onde a necesidade de "cuartos" se pelexa coa ética... é curioso que unha compañía desas que venden ouro negro, desas que joden as persoas, o medio ambiente,...unha desas...ofreza 2.500.000 $RD (50.000€)... "só" hai que presentar un proxecto xeitoso que teña que ver con saúde ou educación... na miña terra iso chámase lavar a cara de mala maneira..., toca formular o proxecto, toca pensar en que se se leva a cabo será algo bó... o que é a vida! Ás veces contradictoria...
Admiración profunda! |
Cada día aquí aprendo...comparto, soño, edúcome... e tiven a SORTE de cruzarme cunha desas persoas que cambian a túa vida con só entrar nela... quen con 17 é capaz de ensinarche que querer é poder, que o medo quítase (igual que as cóxegas!), ... que ser valiente se aprende, ... cada vez que abre a boca faime pensar, reflexionar... o dito, eu de grande quero ser coma il! Estarei eternamente agradecida por facerme partícipe da súa historia, por deixarme ver detrás da cortina...!
Quizais mañá comece outro proxecto paralelo...pouquiño a pouco...non imos adiantar acontecementos...
... ás veces non é doado estar lonxe, outras veces é necesario, a maioría unha mestura...e as mesturas son boas!
Xa bautizada co mofle na perna dereita (la cole motora...! menuda queimadura güey!) e cun rebú vivido.... hai que ir para o sobre...
Saúde!
No hay comentarios:
Publicar un comentario