Levamos pouco
tempo, é certo. Quizais porque todo se vive com máis intensidade a sensación é outra…
A tarefa que se
nos encomendou a nós as catro e, para o que se supón, que nos preparou o Máster
en Cooperación é realizar propostas de
proxectos… a miña curta experiencia (pero experiencia á fin e o cabo) dime que
para facer unha proposta en condicións fan falta moitas cousas: contextualizar,
tempo, coñecementos, profundizar… pídennos que fagamos en tres meses un análise
de cada departamento da organización, das suas necesidades e que formulemos. É moito para tres meses… e, vaia, debemos
sumarlle a calma coa que funcionan cousas por estes lares…
Vaia, imos
intentar facelo o mellor posible, evidentemente. Pero, hoxe é un dia deses
que agobian… máis que nada por iso de “quen moito abarca, pouco apreta”…
O Departamento no
que máis traballamos ata o de agora é Apoio Legal. Anabel, a rapaza que o leva,
deunos información cando menos sorprendente sobre aspectos xurídicos deste país…
Non é difícil
adquiri a nacionalidade dominicana para ningunha persoa estranxeira, excepto se
eres haitian@. Hai moita poboación haitiana na República Dominicana, dende o
terremoto moita máis. Un gran número
son crianzas que cruzan sen documentación de ningún tipo, que pasan a ser “mortos
legais”, ó non ter nacionalidade dominicana nin haitiana non teñen NINGÚN dereito
(NINGÚN, nin sanidade, nin alimentación, nin educación…)… É moi
complicado tratar este tema a nivel legal xa que ó non ter nacionalidade nin xeito de conseguila
calquera trámite para legalizar a situación destas persoas é inviable. Hai
miles de casos de persoas que naceron na RD, que viven, traballan aquí mais non
están nin poden estar recoñecidas como cidadanas.
Un problema entre países,
un problema a nivel estatal, un problema que todo mundo coñece e, sen embargo
un problema que todo mundo omite.
Neste momento, organizacións
coma Acción Callejera que traballa por garantir os dereitos das crianzas só
poden ser a súa voz, berrar o que está pasando (a risco de ser ignoradas),
sensibilizar á poboación sobre este tema (o racismo está patente na rúa)…
Neste
departamento dase outro caso recurrente, semellante pero ben diferente á hora
de ser tratado. Crianzas dominicanas que non posúen acta de nacemento. Non
posuír este documento supón non ser cidadá/n
legal, é dicir, non podem continuar estudos a partir de certo nivel, non teñen
acceso á sanidade, non podem ter
propiedades, un contrato de traballo legal, casar ou adquirir o seu pasaporte.
Solicitar a acta de nacemento…. Parece un trámite
tan “tonto”…. Pois aquí non o
é… é necesario que a nai teña acta de nacemento ( na maioria dos casos non
temos a acta da nai ou, ainda peor, non temos nai), e que se documente de xeito
fiable que a crianza é quen di ser. Un traámite bem complicado porque ás veces
a única persoa da família vive lonxe e tem
que desprazarse a Santiago para testificar varias veces, isto tem un coste que habitualmente non podem
asumir…
Nenas en Los Guandules |
Cada día reitérome na idea, de que o cambio é
posible, é necesario, e TOD@S temos que ver… virar as costas ou apagar a
televisión xa non vale, xa non!
….
En tódolos países se cocen fabas e, parece que
alá, do outro lado do atlántico non é menos… sorprendíame aquí ó ver en cada
esquina un guachi (seguridade privada) cunha metralleta, pistola ou similares…
parece que na Espanha (unha grande e libre) a seguridade é pública, as porras, pistolas, metralletas
disque tamén… iso sí, son para protexer. Protexer a vari@s fill@s de puta que están, como non podía ser doutro xeito impedindo
que a cidadanía exerza os seus dereitos…e
a iso chámanlle democracia. Qué noxo!
Vaia parrafada vos soltei… Iso sí, por aquí
todo ben. Cada vez menos calor, menos
moskitos (ou nótase menos!)…e o snorkel,
todo un descubrimento.
No hay comentarios:
Publicar un comentario