Unha semana que pasou rápido, intensa..., non deixa de ser o periodo de adaptación. Coñecer a cidade, o barrio, a organización, unhas ás outras... cantas cousas! Mais todo ben, sacando ós moskitos e demáis bicherío!
O proxecto de Acción Callejera, non é fácil de coñecer, son moitos departamentos, moitas comunidades. Acción Callejera traballa con nenas, nenos e adolescentes en risco de exclusión social en diferentes comunidades de Sanrtiago. A parte de ofrecer servizo de apoio emocional ás crianzas e ás familias así como saúde, onde as persoas alleas de AC poden ter o servizo por un prezo significativo. O traballo é inxente, pero grandioso. A nosa función aqui será facer un diagnóstico das carencias de cada departamento e das comunidades para realizar propostas de proxectos... moito traballo, moita responsabilidade... , ganas e forza non nos faltan!
Hoxe, para elas as compañeiras de aventura. Dende que cubrimos o papel da aduana como familia, feito quedou! |
A principios de semana fomos a "Hoyo Puchula", "Cienfuegos" ...onde había salas de tareas.
O mércores visitamos unha comunidade "Os Guandules", alí hai unha sala de tareas con crianzas de 2 a 14 anos, estar alí, xogar Jai, entrevistarnos coas mestras, ....foi xenial. As salas de tareas serven para que as crianzas teñan apoio escolar, e podan entrar na escola formal no curso que lles corresponde.
Hoxe visitamos o Centro Comunitario da "Yagüita", alí hai áreas de saúde (médica e odontóloga), biblioteca, comedor, gimnasio piscomotricidade, ... todo mobiliario donado por "japos" (de feito, veu o comité ver o centro e nos alí!)...
Perdernos polo barrio tamén é xenial... e aínda temos tanto de investigar! :)
Hoxe tocan unhas frías, e mañá e pasado praia!
Asique... BOA FINDE!
Esta semana as lembranzas vinheron da man dos meus enanos, que fixeron o día 20...6 anos! Canto vos boto de menos....! A minha xente....@s capull@s que andan de festa en Pinheira, como me acordo de vós, bendito guai-fai.
Saúde!
No hay comentarios:
Publicar un comentario