E de súpeto caín na conta... eu tiña un blog! Sí, fíxeno hai dous anos para un curso sobre redes sociais...nunca máis lle volvín tocar. Hoxe lendo a miña primeira entrada non puiden evitar sorrir. Decía (non sei aínda moi ben a quen) que era unha soñadora de 22 anos que estudaba maxisterio e pretendía facer da cooperación internacional o seu traballo. Ben, sigo a ser unha soñadora, agora de 24 anos, xa mestra e que marcha en 9 días facer as prácticas do Máster de Cooperación Internacional e Xestión de ONG's.
Sigo feliz formando parte de Implicadas no Desenvolvemento e, pasaron moitas cousas. Boas e non tan boas, iso sí, de todas aprendín. Aprendo.
Vaia, parece que a cousa non saiu tan mal.
Aínda así, ó ler o blog parece que foi onte cando escribín...sen embargo ó pensar en todo o que pasou nestes últimos dous anos parece que fai máis, moito máis.
Comeza agora unha nova etapa, para min e para moita da miña xente. Experiencias e aventuras, e digo eu, aproveita o blog para falar dende a República Dominicana e contar a miña experiencia na ONG na que vou facer as prácticas, Acción Callejera. Que xa se sabe que eu gosto moito de falar ;)
A ver se resulta a idea!
Hoxe a foto vai para ela, coa que converxo na distancia. Por aquelo de que cambiamos de etapa vital simultáneamente! |
No hay comentarios:
Publicar un comentario