Restolhos.
jueves, 22 de agosto de 2013
Pasaron os meses en "Villa Papagayo"...
E dis ti... como é posible? Dende aquela última entrada dende o outro lado do mundo van xa 8 meses... 6 deles noutra illa... esta máis árida, máis África..., non por iso menos cálida.
Ordenarse ás veces só é cuestión de querer, sobre todo se queres ordenarte a ti misma, de dentro cara fóra. E velaí... queda menos para volver á casa, aínda que o vivido me aprendeu que a casa, ven estando onde ti te sintes na casa. É, ou non é?
... Ai Fuerteventura! Cantas cousiñas me deches...recantos, persoas, conversas...algún majorero díxome " y tú? amenazaste con volver y volviste", a ameaza segue vixente, sobre todo mentres me aten estes fermosos recordos e a miña amiga, a de sempre, a irmá miña.
Nestes meses tiven a sorte de coñecer a illa, moitas das veces con algunha da nosa xentiña que veu pasar uns días a "Villa Papagayo", visitei tamén Tenerife... 8 horas en barco que mereceron a pena. Pese ó mareo que papei... traballei nun super e, sobre todo, compartín. Compartín con persoas que xa estaban na miña vida, e con outras que apareceron...vaia, sempre estiveron pero, non tocara cruzarse.
Escribo con morriña, sí. Xa se sabe, son unha tipa "de saudades" en xeral.
Agora, despois destes meses de reinicio, toca seguir o camiño...hai paradas xustas e necesarias, pero tamén é de lei seguir avanzando cara onde queres ir. Mesmo se a cousa se pon fea...
Imos logo! Eso sí, xa pensando en novas aventuras... tamén se sabe, que son unha tipa de mochila.
viernes, 7 de diciembre de 2012
E de súpeto...
... de súpeto pasaron case 2 meses e só queda unha semana.
Hoxe, deime conta de que levo dende o 16 de outubro sen escribir unha soa letra no blog... e tamén me dei conta de que quizais esta sexa a derradeira vez que escribo dende o país das marabillas, queda unha semana e penso aproveitala, a poder ser, lonxe da computadora!
Venres 7 de Decembro... mañá ben cedo Ale colle o avión ... ese día parecía tan lonxano e nun abrir e cerrar de ollos está aquí.
A intensidade dos sentimentos e das emocións é difícil de explicar, é bastante máis doado sentir, vivir.
Quizais por iso esta entrada ó meu blog e desordenada... porque só é un "bule bule" de sentimentos que necesitan saír...manifestarse.
Hai xa tres meses que me levanto pola mañá (case sempre son a última, hai costumes que non se perden) e teño a miña familia na mesa para almorzar, que me deito pola noite despois de cear coa miña familia e botar unhas risas e uns contos. É unha familia pequena, pero tan real e de verdade que ás veces asusta... comezamos sendo unha familia de catro e medramos ata chegar a ser seis, unha familia na que hai diferentes cores, e diferentes linguas... eso sí, o entendemento e o cariño non entende desas diferenzas.
É un privelexio, do que non se decata todo mundo, ter varias familias e ser capaz de sentir nelas, o teu sitio.
Chámanlle a Dominicana o País das Marabillas... e, hoxe, non me extraña "para nada"... é un país capaz de facerte rir e chorar ou enfadarte e relaxarte en tan só 5 minutos.
Aquí aprendemos moito como profesionais da cooperación mais aprendemos sobre todo como persoas. A ollada de cada crianza é un azo para seguir polo camiño que entendo/emos como xusto.
Agora toca reiniciar, volver, comezar de novo....unha nova etapa vai chegar e iso, debe ser motivo de felicidade....aínda que esta semana parece que o que rodea todo son saudades.
É de persoa humana rexeitar e ficar fodida polas despedidas ata que entendes que as despedidas só son tal se ti o decides. Díxome alguén a quen adoro " a distancia non é canto nos separemos, a distancia é se non volvemos" .... e volver está na nosa man, sempre.
E, de novo, sucesión discontinúa de momentos variados...
festa.arxiz.bruselas.bágoas.Eva.deica.tren.madrid.Fátima.hotel.fogosArtificiais.aeroporto. espera. marina.avión.maletas.despegue.isabela.pastilla.comidaRara.horas.voar.aterrar.PuntaRucia.puntaCana.higüey.taxista.polo.guineo.reencontro.hotelBarato.guagua.santiago.Annie.bandera.accióncallejera.Ale.casa.habitación.Jimenoa.auga.ruído.contaminación.bachata.merengue.bachata.comedor.nenos.Robinson.salaVoluntariado.mar.praia.jeep.río.claro.orange.viva.bolboretas.bolboretas.haití.verde.azul.cores.concho.motoconcho.saltos.Jon.inglés.alotofpeople.iluminadas.risas.rebú.águilas.Pedernales.PuertoPlata.Joya.Hospedaje.monumento.canela.bolboretas.romo.barReal.moskitos....infinito.
Saúde! Hoxe con saudades...
Hoxe, deime conta de que levo dende o 16 de outubro sen escribir unha soa letra no blog... e tamén me dei conta de que quizais esta sexa a derradeira vez que escribo dende o país das marabillas, queda unha semana e penso aproveitala, a poder ser, lonxe da computadora!
Venres 7 de Decembro... mañá ben cedo Ale colle o avión ... ese día parecía tan lonxano e nun abrir e cerrar de ollos está aquí.
Un pracer terte na miña vida! |
Quizais por iso esta entrada ó meu blog e desordenada... porque só é un "bule bule" de sentimentos que necesitan saír...manifestarse.
Hai xa tres meses que me levanto pola mañá (case sempre son a última, hai costumes que non se perden) e teño a miña familia na mesa para almorzar, que me deito pola noite despois de cear coa miña familia e botar unhas risas e uns contos. É unha familia pequena, pero tan real e de verdade que ás veces asusta... comezamos sendo unha familia de catro e medramos ata chegar a ser seis, unha familia na que hai diferentes cores, e diferentes linguas... eso sí, o entendemento e o cariño non entende desas diferenzas.
Familia. |
Chámanlle a Dominicana o País das Marabillas... e, hoxe, non me extraña "para nada"... é un país capaz de facerte rir e chorar ou enfadarte e relaxarte en tan só 5 minutos.
Aquí aprendemos moito como profesionais da cooperación mais aprendemos sobre todo como persoas. A ollada de cada crianza é un azo para seguir polo camiño que entendo/emos como xusto.
Agora toca reiniciar, volver, comezar de novo....unha nova etapa vai chegar e iso, debe ser motivo de felicidade....aínda que esta semana parece que o que rodea todo son saudades.
3+1 |
E, de novo, sucesión discontinúa de momentos variados...
festa.arxiz.bruselas.bágoas.Eva.deica.tren.madrid.Fátima.hotel.fogosArtificiais.aeroporto. espera. marina.avión.maletas.despegue.isabela.pastilla.comidaRara.horas.voar.aterrar.PuntaRucia.puntaCana.higüey.taxista.polo.guineo.reencontro.hotelBarato.guagua.santiago.Annie.bandera.accióncallejera.Ale.casa.habitación.Jimenoa.auga.ruído.contaminación.bachata.merengue.bachata.comedor.nenos.Robinson.salaVoluntariado.mar.praia.jeep.río.claro.orange.viva.bolboretas.bolboretas.haití.verde.azul.cores.concho.motoconcho.saltos.Jon.inglés.alotofpeople.iluminadas.risas.rebú.águilas.Pedernales.PuertoPlata.Joya.Hospedaje.monumento.canela.bolboretas.romo.barReal.moskitos....infinito.
Saúde! Hoxe con saudades...
martes, 16 de octubre de 2012
Onde o paraíso...
....aínda é paraíso!
Sei de vello que ás veces as cousas coas que menos se contan son as que mellor saen. Aprendín hai tempo que ás veces ocorren cousas coas que non contas.... E o que máis claro teño é que a única solución que coñezo e sorrir e tirar cara adiante, así as cousas son máis doadas!
Levo días sen escribir...parece que collemos ritmo, que está máis claro o que temos que facer... xa comezamos a redactar proxectos, proxectos para cada un dos departamentos, para melloralos...para que as persoas beneficiarias reciban unha mellor atención en saúde, apoio legal, apoio emocional, as salas de tareas... para que, sobre todo, NNA (nenas, nenos e adolescentes) , teñan garantizados os seus dereitos e poidan seguir loitando para mudar o conto... os finais felices dependen de que as personaxes non se rindan e sigan loitando... eu sinto que aquí hai moitas personaxes dispostas a mudar ...
Ás veces non resulta doado redactar e organizar os proxectos... os coñecementos do terreo onde nos movemos non é tan fondo, ... sempre hai que contar QUE O QUE RESULTA OBVIO NUNCA O É TANTO! Pasiño a pasiño...
Por suposto cada minuto desta experiencia non deixa de sorprenderme...no coñecemento do medio ( que asignatura! :P ), o coñecemento das persoas, das vidas, e sobre todo o coñecemento de min mesma.
É sorprendente darse conta do que botas de menos, do que necesitas e, do que tan sequera te lembras...CURIOSO, cando menos.
Infinito. |
Merece a fin de semana unha mención nesta entrada, de ahí o título... a golpe de venres preséntase por casualidade a alternativa de ir en 4x4... alá arrancamos! Puidemos así visitar lugares que indo en guagua sería complicado, ben imposible. Chegamos a La Isabela, previamente cruzamos no coche un río (sí,sí!)...suponse que despois de Haití aquí é onde chegou Colón según o guía ( "os primeiros españois que quedaron na illa viron as indias desnudas,metéronlles mano...os indios encojonáronse e mataron ós españois")... sobra calquera comentario acerca de evanxelizacións e demáis merdas acontecidas no Nuevo Mundo...que me enveneno...xa se sabe... Despois de La Isabela camiño a Punta Rucia...o paraíso, onde desexamos con todas as nosas forzas que NUNCA chegue un Resort...a calidez dun pobo onde todo se vive ó momento... onde podes estar nunha praia enorme solas, completamente solas, coa compaña de caracolas xigantes e algún tronco que trae o mar, quen sabe de onde! ...
.... Seguimos co traballo e disfrutando! Iso sí, lémbrome de vós "a cada rato"...
Saúde!
martes, 9 de octubre de 2012
Historias que cambian vidas...
...vidas que cambian persoas.
Levo demasiado tempo sen escribir, agora complícase contar... para min a dificultade de escribir, de expresarme é directamente proporcional á intensidade das sensacións das emocións.
Estas dúas semanas adícámolas a facer visitas ás diferentes comunidades...pasamos por Cienfuegos, por hato de Yaque, os Guandules... falamos coas crianzas, falamos coas familias e falamos coas mestras... coñecemos a sú realidade, as súas vidas...son tantas cousas para asimilar...e, moitas tamén para canalizar nun proxecto...
Crianzas na comunidade de Cienfuegos, grupo focal. |
Estamos a voltas cun proxecto onde a necesidade de "cuartos" se pelexa coa ética... é curioso que unha compañía desas que venden ouro negro, desas que joden as persoas, o medio ambiente,...unha desas...ofreza 2.500.000 $RD (50.000€)... "só" hai que presentar un proxecto xeitoso que teña que ver con saúde ou educación... na miña terra iso chámase lavar a cara de mala maneira..., toca formular o proxecto, toca pensar en que se se leva a cabo será algo bó... o que é a vida! Ás veces contradictoria...
Admiración profunda! |
Cada día aquí aprendo...comparto, soño, edúcome... e tiven a SORTE de cruzarme cunha desas persoas que cambian a túa vida con só entrar nela... quen con 17 é capaz de ensinarche que querer é poder, que o medo quítase (igual que as cóxegas!), ... que ser valiente se aprende, ... cada vez que abre a boca faime pensar, reflexionar... o dito, eu de grande quero ser coma il! Estarei eternamente agradecida por facerme partícipe da súa historia, por deixarme ver detrás da cortina...!
Quizais mañá comece outro proxecto paralelo...pouquiño a pouco...non imos adiantar acontecementos...
... ás veces non é doado estar lonxe, outras veces é necesario, a maioría unha mestura...e as mesturas son boas!
Xa bautizada co mofle na perna dereita (la cole motora...! menuda queimadura güey!) e cun rebú vivido.... hai que ir para o sobre...
Saúde!
miércoles, 26 de septiembre de 2012
DESCUBRINDO...
Levamos pouco
tempo, é certo. Quizais porque todo se vive com máis intensidade a sensación é outra…
A tarefa que se
nos encomendou a nós as catro e, para o que se supón, que nos preparou o Máster
en Cooperación é realizar propostas de
proxectos… a miña curta experiencia (pero experiencia á fin e o cabo) dime que
para facer unha proposta en condicións fan falta moitas cousas: contextualizar,
tempo, coñecementos, profundizar… pídennos que fagamos en tres meses un análise
de cada departamento da organización, das suas necesidades e que formulemos. É moito para tres meses… e, vaia, debemos
sumarlle a calma coa que funcionan cousas por estes lares…
Vaia, imos
intentar facelo o mellor posible, evidentemente. Pero, hoxe é un dia deses
que agobian… máis que nada por iso de “quen moito abarca, pouco apreta”…
O Departamento no
que máis traballamos ata o de agora é Apoio Legal. Anabel, a rapaza que o leva,
deunos información cando menos sorprendente sobre aspectos xurídicos deste país…
Non é difícil
adquiri a nacionalidade dominicana para ningunha persoa estranxeira, excepto se
eres haitian@. Hai moita poboación haitiana na República Dominicana, dende o
terremoto moita máis. Un gran número
son crianzas que cruzan sen documentación de ningún tipo, que pasan a ser “mortos
legais”, ó non ter nacionalidade dominicana nin haitiana non teñen NINGÚN dereito
(NINGÚN, nin sanidade, nin alimentación, nin educación…)… É moi
complicado tratar este tema a nivel legal xa que ó non ter nacionalidade nin xeito de conseguila
calquera trámite para legalizar a situación destas persoas é inviable. Hai
miles de casos de persoas que naceron na RD, que viven, traballan aquí mais non
están nin poden estar recoñecidas como cidadanas.
Un problema entre países,
un problema a nivel estatal, un problema que todo mundo coñece e, sen embargo
un problema que todo mundo omite.
Neste momento, organizacións
coma Acción Callejera que traballa por garantir os dereitos das crianzas só
poden ser a súa voz, berrar o que está pasando (a risco de ser ignoradas),
sensibilizar á poboación sobre este tema (o racismo está patente na rúa)…
Neste
departamento dase outro caso recurrente, semellante pero ben diferente á hora
de ser tratado. Crianzas dominicanas que non posúen acta de nacemento. Non
posuír este documento supón non ser cidadá/n
legal, é dicir, non podem continuar estudos a partir de certo nivel, non teñen
acceso á sanidade, non podem ter
propiedades, un contrato de traballo legal, casar ou adquirir o seu pasaporte.
Solicitar a acta de nacemento…. Parece un trámite
tan “tonto”…. Pois aquí non o
é… é necesario que a nai teña acta de nacemento ( na maioria dos casos non
temos a acta da nai ou, ainda peor, non temos nai), e que se documente de xeito
fiable que a crianza é quen di ser. Un traámite bem complicado porque ás veces
a única persoa da família vive lonxe e tem
que desprazarse a Santiago para testificar varias veces, isto tem un coste que habitualmente non podem
asumir…
Nenas en Los Guandules |
Cada día reitérome na idea, de que o cambio é
posible, é necesario, e TOD@S temos que ver… virar as costas ou apagar a
televisión xa non vale, xa non!
….
En tódolos países se cocen fabas e, parece que
alá, do outro lado do atlántico non é menos… sorprendíame aquí ó ver en cada
esquina un guachi (seguridade privada) cunha metralleta, pistola ou similares…
parece que na Espanha (unha grande e libre) a seguridade é pública, as porras, pistolas, metralletas
disque tamén… iso sí, son para protexer. Protexer a vari@s fill@s de puta que están, como non podía ser doutro xeito impedindo
que a cidadanía exerza os seus dereitos…e
a iso chámanlle democracia. Qué noxo!
Vaia parrafada vos soltei… Iso sí, por aquí
todo ben. Cada vez menos calor, menos
moskitos (ou nótase menos!)…e o snorkel,
todo un descubrimento.
sábado, 22 de septiembre de 2012
Periodo de adaptación...
Comendo piña comprada no mercado do barrio, ese onde os moskitos e os dominicanos nos asubían mentras nos chaman gringas... dámonos conta, xa vai unha semana!
Unha semana que pasou rápido, intensa..., non deixa de ser o periodo de adaptación. Coñecer a cidade, o barrio, a organización, unhas ás outras... cantas cousas! Mais todo ben, sacando ós moskitos e demáis bicherío!
O proxecto de Acción Callejera, non é fácil de coñecer, son moitos departamentos, moitas comunidades. Acción Callejera traballa con nenas, nenos e adolescentes en risco de exclusión social en diferentes comunidades de Sanrtiago. A parte de ofrecer servizo de apoio emocional ás crianzas e ás familias así como saúde, onde as persoas alleas de AC poden ter o servizo por un prezo significativo. O traballo é inxente, pero grandioso. A nosa función aqui será facer un diagnóstico das carencias de cada departamento e das comunidades para realizar propostas de proxectos... moito traballo, moita responsabilidade... , ganas e forza non nos faltan!
A principios de semana fomos a "Hoyo Puchula", "Cienfuegos" ...onde había salas de tareas.
O mércores visitamos unha comunidade "Os Guandules", alí hai unha sala de tareas con crianzas de 2 a 14 anos, estar alí, xogar Jai, entrevistarnos coas mestras, ....foi xenial. As salas de tareas serven para que as crianzas teñan apoio escolar, e podan entrar na escola formal no curso que lles corresponde.
Hoxe visitamos o Centro Comunitario da "Yagüita", alí hai áreas de saúde (médica e odontóloga), biblioteca, comedor, gimnasio piscomotricidade, ... todo mobiliario donado por "japos" (de feito, veu o comité ver o centro e nos alí!)...
Perdernos polo barrio tamén é xenial... e aínda temos tanto de investigar! :)
Hoxe tocan unhas frías, e mañá e pasado praia!
Asique... BOA FINDE!
Esta semana as lembranzas vinheron da man dos meus enanos, que fixeron o día 20...6 anos! Canto vos boto de menos....! A minha xente....@s capull@s que andan de festa en Pinheira, como me acordo de vós, bendito guai-fai.

Hoxe, para elas as compañeiras de aventura. Dende que cubrimos o papel da aduana como familia, feito quedou! |
A principios de semana fomos a "Hoyo Puchula", "Cienfuegos" ...onde había salas de tareas.
O mércores visitamos unha comunidade "Os Guandules", alí hai unha sala de tareas con crianzas de 2 a 14 anos, estar alí, xogar Jai, entrevistarnos coas mestras, ....foi xenial. As salas de tareas serven para que as crianzas teñan apoio escolar, e podan entrar na escola formal no curso que lles corresponde.
Hoxe visitamos o Centro Comunitario da "Yagüita", alí hai áreas de saúde (médica e odontóloga), biblioteca, comedor, gimnasio piscomotricidade, ... todo mobiliario donado por "japos" (de feito, veu o comité ver o centro e nos alí!)...
Perdernos polo barrio tamén é xenial... e aínda temos tanto de investigar! :)
Hoxe tocan unhas frías, e mañá e pasado praia!
Asique... BOA FINDE!
Esta semana as lembranzas vinheron da man dos meus enanos, que fixeron o día 20...6 anos! Canto vos boto de menos....! A minha xente....@s capull@s que andan de festa en Pinheira, como me acordo de vós, bendito guai-fai.
Saúde!
jueves, 20 de septiembre de 2012
Take Off ( dende o avión!)
Esto de escribir voando é
“outro rollo” que diria un bo amigo meu (espero que todo ben
por Barna!). É, case, coma escribir de resaca…ata é domingo. Parece que pasou
moito máis tempo dende o venres, quizais pola intensidade dos últimos días.
Agora, que segundo as nosas contas imos pola
metade do camiño (as pantallas do Boing 747 axudan ós cálculos), os pensamentos
céntranse nas últimas horas na terriña. Non gosto das despedidas, eso xa se
sabe, pero desta volta a despedida (en realidade é un ata o Nadal!”) tiña
moitas connotacións, a maioría delas boas. Estou facendo o que sempre quixen,
cumprindo un soño, e só por iso, merece a pena.
Con Urquijo de fondo, Eva e Fátima sobando ó
lado, e todas estas persoas (máis de 800) voando cara Punta Cana vénseme á cabeza esa mochila rosa, esa comba
que conta as voltas, as gomas de Barbie, plastilina, esas “cousas “ que
parecían mermelada ;) , a miña camiseta, e a bandeira… véñenme á cabeza @s
amig@s, @s de verdade … que levan todo
este tempo agarrándome da man para chegar aquí, erguéndome cando foi
(é!) preciso, empuxándome cando recúo…OBRIGADA! Por a noite do venres, unha cea
elegante con bogavante non se ten calquera día. Por ser, estar e parecer.
SEMPRE.
E, OBRIGADA, por descontado, @s que o venres
non puidestes estar, pero estuvestes, estades preto!
O bo que ten subir as entradas a destempo. Xa nas rúas de Cidade Corazón. |
E coa emoción da semana intensa e a gran cea
coa súa correspondente “llorera” , ducha
e para Ourense coller o tren… alá quedaron bocatas, augas….e gracias que
subimos nós con maleta e mochila, camiño de Madrid (que mal se respira nesa
cidade, carallo!)… Noite en Barajas (pobo, en festas por certo)… e despois dun
almorzo carísimo áT1 comezar en serio a aventura… Menuda cola nos atopamos!
As colas son un bon lugar para coñecer persoas
xeniais… nos coñecemos a unha rapaza de Melilla, unha rapaza que ía nun veleiro
e decidiu desembarcarse antes de rematar
unha aventura para comezar outra. Coñeceu a un grupo de persoas que decidiron
deixar de queixarse e actuar, viven nunha zona na que moitas crianzas vivían na
rúa, sen familia, sen comida, sen educación, …
crearon unha casa de acollida na fronteira de Haití e RD, a súa
organización chámase Ayitimoun Yo ONG (podedes atopala no facebook!) ….
Estamos a 10.700m de altitude e imos 955km/h…., para vós son as 18.46 (empezou o
partido do Taboada!) para nós suponse que xa as 14.46…. espéranos un día largo.
Aínda hai que chegar a Punta Cana, coller un bus (que non sabemos se hai) ata
Santo Domingo, pasaremos a noite alí e á mañá para o destino final, Santiago de
los Caballeros! …
Saúde!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)