Hoxe, deime conta de que levo dende o 16 de outubro sen escribir unha soa letra no blog... e tamén me dei conta de que quizais esta sexa a derradeira vez que escribo dende o país das marabillas, queda unha semana e penso aproveitala, a poder ser, lonxe da computadora!
Venres 7 de Decembro... mañá ben cedo Ale colle o avión ... ese día parecía tan lonxano e nun abrir e cerrar de ollos está aquí.
Un pracer terte na miña vida! |
Quizais por iso esta entrada ó meu blog e desordenada... porque só é un "bule bule" de sentimentos que necesitan saír...manifestarse.
Hai xa tres meses que me levanto pola mañá (case sempre son a última, hai costumes que non se perden) e teño a miña familia na mesa para almorzar, que me deito pola noite despois de cear coa miña familia e botar unhas risas e uns contos. É unha familia pequena, pero tan real e de verdade que ás veces asusta... comezamos sendo unha familia de catro e medramos ata chegar a ser seis, unha familia na que hai diferentes cores, e diferentes linguas... eso sí, o entendemento e o cariño non entende desas diferenzas.
Familia. |
Chámanlle a Dominicana o País das Marabillas... e, hoxe, non me extraña "para nada"... é un país capaz de facerte rir e chorar ou enfadarte e relaxarte en tan só 5 minutos.
Aquí aprendemos moito como profesionais da cooperación mais aprendemos sobre todo como persoas. A ollada de cada crianza é un azo para seguir polo camiño que entendo/emos como xusto.
Agora toca reiniciar, volver, comezar de novo....unha nova etapa vai chegar e iso, debe ser motivo de felicidade....aínda que esta semana parece que o que rodea todo son saudades.
3+1 |
E, de novo, sucesión discontinúa de momentos variados...
festa.arxiz.bruselas.bágoas.Eva.deica.tren.madrid.Fátima.hotel.fogosArtificiais.aeroporto. espera. marina.avión.maletas.despegue.isabela.pastilla.comidaRara.horas.voar.aterrar.PuntaRucia.puntaCana.higüey.taxista.polo.guineo.reencontro.hotelBarato.guagua.santiago.Annie.bandera.accióncallejera.Ale.casa.habitación.Jimenoa.auga.ruído.contaminación.bachata.merengue.bachata.comedor.nenos.Robinson.salaVoluntariado.mar.praia.jeep.río.claro.orange.viva.bolboretas.bolboretas.haití.verde.azul.cores.concho.motoconcho.saltos.Jon.inglés.alotofpeople.iluminadas.risas.rebú.águilas.Pedernales.PuertoPlata.Joya.Hospedaje.monumento.canela.bolboretas.romo.barReal.moskitos....infinito.
Saúde! Hoxe con saudades...